lunes, 20 de junio de 2016

O NOVO SUV

SEAT
Hai unhes días saiu a noticia do lanzamento do novo vehículo da marca española SEAT. O primeiro SUV da marca en toda a historia, o seat Ateca, con compoñentes semellantes ao tiguan. En canto ao ámbito mecánico a súa potencia variará entre os 115cv ata aos 190cv transmisión manual de seis velocidades ou automático de sete con tración dianteira ou integral.
Os precios deste novo vehículo rondaran polos 23000 € na versióon 1.0 TSI e de 26000€ a versión 1.6 TDI, ambos cunha potencia de 115 cv ainda que a empresa pode realizar unha serie de descuentos e a versión TSI quedaría nos 18000€. Pero se prefires o modelo de maior potencia TDI terás que gastar unhes 37000€


SE QUERES VER UN VÍDEO EXPLICATIVO MÁSI ESPECIFICATIVO  SOBRE ESTE VEHÍCULO, POIS DÁLLEE!!!


martes, 24 de mayo de 2016

LOUCURA E INXENIO!!

INVENTOR TOLO  DO SÉCULO XXI.

Ainda que esto non teña moito que ver coa temática do blog, é unha nova bastante divertida e curiosa.
É o caso de Colin Furze, probablemente este home sexa algún enxeñeiro polo feito de crear semellantes artefactos, ou simplemente é un aficionado. O caso é que este home adíca parte do seu tempo a publicar en youtube videos nos que nos amosa as súas impresionantes invencións propias das películas de ficción, unha delas é a "moto voadora" que consiste nun alucinante vehículo coa estrutura semellante á dunha moto que consegue flotar no aire grazas a unhas hélices que o sosteñen gravitando sen tocar o chan. Este proxecto, non moi barato, foi patrocinado por unha iniciativa de ford, polo que calquera de nós poderíamos fabricala se quixésemos e tivésemos cartos pra gastar.






A continuación déixoche un enlace coa dirección da súa canle, non polo feito de que gañe reproducións os seus videos senon porque ten invencións alucinantes!! Aimda que moitas son ridículas e inservibles.

Colinfruze

E en caso de que non entredes no canal, polo menos mirade como destrozan un motor pero polo menos podemos obervar como se móven os pistóns:



viernes, 13 de mayo de 2016

O IRREAL XA É REAL

A FICIÓN CONVÉRTESE EN REALIDADE.

BATERÍAS ETERNAS!
Polo visto, como en moitas outras ocasións, este descubrimento foi por casualidade, unha serendipia, como lle sucedeu a moitos científicos que buscando unha cousa consiguen outra.

Esto sucedeulle a unhes investigadores da Universidade de California en Irvine, os que inventaron unha batería de nanocables e que pode ser recargada máis de 200.000 veces, o que quere dicir que pode soportar case un 3.000%  máis de ciclos que as baterías actuais de litio, que adoitan estropearse despois de 7.000 ciclos de carga xa que co uso expándense e van creando gretas.

Así, deste modo desaparecerían por completo as baterías perecedeiras, o que nos permitiría non substituílas nunca.

O descubrimento produciuse mentres os científicos investigaban como empregar nanocables máis
finos que o noso cabelo, moi fráxiles, xa que non soportan demasiados ciclos de carga, nas baterías o descubrimento de nanocables resistentes é importante porque conducen moi ben a electricidade ó mesmo tempo que contan con una gran superficie orientada ó almacenamento e á transferencia de electróns, polo que formarían una batería delgada e potente que beneficiaría á creación de dispositivos lixeiros e máis finos.






Mya Le Thai, é estudante de doctorado e la líder del estudio, creou así unha batería de nanocables de ouro, con un caparazón de dióxido de manganeso, encerrado a súas vez nun electrolito feito de un xel similar ó plexiglás; que foi capaz de someter a 200.000 recargas durante máis de tres meses sen detectar pérdidas de capacidade ou enerxía e sin crear fracturas nos nanocables.

Os investigadores cren que a substancia viscosa plastifica ó óxido metálico na batería e dálle flexibilidade, evitando o agretamiento. Así, unha vez máis naa historia da ciencia, a serendipia tivo moito que ver nun descubrimento que pode ser moi importante para a electrónica.

Este vídeo explica o descubrimento, o único inconvinte é que o vídeo está en inglés:


domingo, 8 de mayo de 2016

O MEU VIDEO

AS MOTOS

Déixovos un video que elaborei pola miña conta e espero que non vos aburra. Realmente non o puiden publicar completo por motivos de copyright pero bueno... está guay de todos modos.

Dálle aquí: O MEU VIDEO
Ou mesmo se o queredes descargar por completo dádelle aquí: Descargar o vídeo ou tamén aquí: Descargar o vídeo




miércoles, 27 de abril de 2016

¡¡¡QUE O TEU MOTOR TE LEVE SEMPRE POLO BO CAMIÑO!!!






        AINDA QUE MOITAS VEXES TROPECES...




POR MOI COMPLICADO QUE SEXA, NADA É IMPOSIIBLE.






¡COMEZA O TEU CAMIÑO!



     ¡¡E SEN MEDO!!

MOTOS!!!


MOTORR!!!




Hoxe falareivos un pouco sobre o mundo das motos, un mundo que te leva a experimentar sensacións de adrenalina cando colles as curvas a velocidades increíbles, o único problema é o enorme riesgo que corres a esas velocidades, moitas persoas morrern a conta de accidentes case todos os días.
Existen moitas competicións de motos e de diferentes estilos como por exemplo: competicións de motocross, free style, moto GP, trial, superbikes, etc.
Estudiando este vehículo, remontámonos a moitas décadas evolucionando a súa estrutura. Algunhes historiadores consideran que a primeira motocicleta foi inventada no 1876 cando se desenrolou o motor de combustión interna de 4 tempos ao que lle chamaron "ciclo de otto". As motos hoxe en día teñen motores de 4 ou 2 tempos (estos están reservados prácticamente para as motos de pouca cilindrada debido a razón medioambientais), antigamente tiñan refrixeración por aire, agora está en auxe a refrixeración líquida. O motor normalmente está situado en posición trasversal ás marchas ou tamén de forma lonxitudinal, o número de cilindros pode variar entre 1 (pequenas cilindradas), ata 6 en línea, sendo máis frecuentes os 4 en línea e os 2 en V típicos das motos potentes ata os anos 70. Lubrícase xeralmente o motor e  o cambio (excepto nos motores de 2T) a través do carburador, ainda que a día de hoxe están sendo reemprazados pola ixección de combustible pola emisión de gaes.

A caixa de cambios vai situada normalmente detrás do cigüeñal, arrastrada por unha desmutiplicación de engranaxes ou cadea, que aumenta o par motor. A trasmisión do movemento coa roda traseira realizase con cadea e poucas veces con correa ou banda.
O chasis das motos poden ser multitubular, de doble cuna, de chapa estampada e outros e adoitan estar feitos de aceiro ou de aluminio e en casos moi raros de magnesio, carbono ou titanio. Normalmente a rixidez necesaria vai en función da potencia do motor e das características dinámicas. As suspensións hoxe en día están feitas para que as rodas estén en contacto co chán o máximo posible ao paso por irregularidades, asegurando a estabilidade e aumentar o confort na marcha.
Ao principio as motos tiñan suspensión adiante e atrás carecían dela, a partir das competicións desenvolveuse a horquilla telescópica patentada por BMW e introdúxose a suspensión traseira, primeiro de deslizamento paralelo e logo basculante, actualmente continúa sendo basculante atrás, ainda que os amortiguadores poden ter distintas posicións incluso ter un solo.




Os frenos, son esenciales para frenar ás motos a tales velocidades que acadan. Adoitan ir anclados á llanta por unha palanca no manillar ou no pé, hainos de dous tipos: de tambor e de disco.
Os frenos de disco foron facéndose máis comúns xa que son máis eficaces e disipan mellor o calor. Algunhas motos teñen carenado, cuxa finalidade é protexer ao condutor do vento e favorecer á velocidade máxima por aerodinámica mellorada. As motos con suspensión tradicional alteran a súa lonxitude entre eixos ao frear, o que impide maniobras de frenado e xiro simultaneamentexa que ao frear estando inclinada varía a inclinación e polo tanto a traxectoria. Xeralmente as marchas regúlanse mediante unha palanca acionada co pé ainda que xa están aparecendo modelos con embrague automnático e cambio de velocidades secuencial.

As motos adoitan clasificarse pola cilinddrada dos seus motores de maneira mási clara que nos coches. As máis comúns tradicionalmente foron de 125, 250 e 500 cc, os 750 cc foron a máxima cilindrada ainda que a día de hoxe hainas de 900, 1000 e 1200 cc algunhas cilindradas ascabaron desaparecendo como son as 175 cc e agora son substituidos polas de 200 cc.
Xeralmente cando se conducen motos potentes e perigosas é necesario levar un equipo de coiro ou materiais sintéticos, guantes e botas altas co fin de diminuir lesións en caso de accidente, agora existen unhas chaquetas que teñen un airbag inflable que está atado á motocicleta, polo que si o piloto cae dela, a chaqueta inflarase para amortiguar a colisión.
Existen diferentes tipos de motocicletas e poden ser:chopper, ciclomotor, de cruceiro, custom, deportiva, naked (sin carenado), de turismo, de velocidade, trail, sport-touring, cross, enduro, supercross, supermoto,trial, todoterreno, cuatrimoto, scooter, sidecar, etc.
















Xa vos contarei máis!!!

martes, 19 de abril de 2016

SALÓN DO AUTOMÓBIL EN GINEBRA

COCHES!!

Fai polo menos un mes celebrouse en Ginebra o salón do outomóbil de 2016 no que nos amosaron un gran variedade de novos modelos e prototipos de vehículos de todas as grandes marcas do mercado que lanzan este ano entre as que comentaremos.

Unha das grandes sorpresas foi o novo Bugatti Chiron da prestixiosa marca italiana. Un novo Bugatti sucesor do Veyron, con un deseño impresionante, con un peso de 1995kg atopamos baixo o capó un motor W16 de 8 litros con catro turbos que producen 1500 cabalos con un par máximo de 1600 Nm constante de 2000 a 6000 rpm capaz de levar ao coche a increíble velocidade de 420 km/h (e polo que din, está limitado). De 0 km/h  a 100 km/h en 2,5 s e en 6,5 s ponse a 200 km/h, para poder deter semellante torpedo fan falta unhes frenos carbocerámicos de 8 pistóns adiante e 6 atrás, pois para frenalo a unha velocidade de 300 km/h tan só fan falta 270 m. So se fabricarán 500 unidades, cada unha polo precio de 2,4 millóns de €. Bastante económico para calquera multimillonario. Sen embargo, esta versión si que lle resultará económica á marca xa que co Veyron apenas sacaban beneficios, estímase que recadarán como mínimo 1200 millóns de €. Ademais tamén fabricarán algunhas versións esclusivas e o modelo Gran Turismo, con algunhes cambios que fan que o coche sexa unha máquina para correr!







Outras grandes bestias que se nos presentaron foron o lamborghini centenario, o jaguar F-Type, o porsche 718 con motor boxer, o opel Gt concept (un coche futurista que desgraciadamete non se producirá en serie debido ás súas prestacións mecánicas), ou o tesla modelo S totalmente eléctrico.

Este ano apareceron moitos máis modelos de coches de prácticamente todas as marcas que se nos poidan vir á cabeza. Un auténtico avance que ten lugar constantemente cada ano, con deseños máis agresivos e modernos. Pois ata un ano a ver que novas sorpresas imos levar!!






jueves, 7 de abril de 2016

SALÓN DO AUTOMÓBIL

SALÓN DO AUTOMÓBIL EN VIGO 2016.




Pois como vedes no cartel, esta semana, en Vigo, como todos os anos, ten lugar o 25 salón do automóbilismo e das motocicletas, o segundo máis antigo en toda España despois do de Barcelona. Ten lugar tres semanas despois do de Xenebra (o cúmio do salón do automóbil), o que lle permite a algunhas marcas suizas estar presentes estos días en Vigo.
Desta vez vai ser algo diferente ás outras xa que queren facer que este ano sexa máis memorable polo tema do 25 aniversario. Este ano hai 31 marcas de automóbiles, ás que se lle suman como novas
Aston Martin e Maserati, que presentarán máis de unha vintena de novos vehículos que lanzarán neste 2016. Non solo se trata de coches, tamén estarán no evento arredor de unhas 100 motocicletas de 17 marcas distintas que presentarán os seus novos modelos.
Tamén haberá unha I Concentración de superdeportivos á que calquera se pode inscribir previamente, ademais da novena edición da concentración de Porsche que estos días percorrerán unhes 200 km polas provincias de Ourense e Pontevedra e a concentración motera que tamén se levará a cabo.
A guinda do pastel este ano é o 1º evento de Supercross e freestyle que se celebrará e no que participarán ó redor de 100 pilotos de diferentes nacionalidades, que competirán entre eles en carreiras e realizarán saltos de estilo libre.

Vai ser unha concentración bastante prometedora.


martes, 15 de marzo de 2016

OS ENGRANAXES

Os ósos dos motores:

Un elemento importantísimo en calquera motor ou mecanismo son os engranaxes, sen estos elementos probablemente non existirían moitísimas máquinas que coñecemos a día de hoxe. Son os elementos que transmiten o movemento, a potencia dun elemento a outro nun mecanismo.
Son rodas con dentes tallados ao longo do arco que describen na circunferencia e que engranan dente a dente transmitindo o movemento circular dunha roda a outra (roda motriz e conducida). Os beneficios que ten en comparación co sistema polea correa é que neste caso é imposible que patinen.


Tonillo sinfín.


Os engranaxes poden estar situados en eixes paralelos, como son os de tipo helicoidais, que engranan de tal modo que transmiten maior potencia e son máis silenciosos que os de dentes reectos e máis duradeiros. Ou perpendiculares, como o tornillo sinfin, un mecanismo que non é reversible a menos que a inclinación dos dentes do tornillo sexa elevada, outros son os engranaxes hipoides, que son engranaxes cónicos helicoidais que se adoitan instalar en vehículos de tracción traseira.
Pero o que teñen que ter en común dous engranaxes para que encaixen é o seu módulo e o seu paso.
Continuareivos falando sobre os engranaxes e as pezas das máquinas próximamente.

Déixovos un video sobre a fabricación dos engranaxes para visualizar mellor as cousas.





martes, 2 de febrero de 2016

A CLAVE DO AOUTOMOVILISMO

O motor de combustión interna

Noutra entrada que publiquei fai pouco faleibos un pouco sobre a historia do motor mediante vapor, moi empregado fai un século. Ao mesmo tempo que aparecían os motores a vapor, tamén apareceu o motor de combustión interna cara finais do século XIX. Por se todavía non sabedes o que é o motor de combustión interna explícobos un pouco.Un motor de combustión interna basa o seu funcionamento no queimado dunha mezcla comprimida de aire e combustible dentro dun habitáculo pechada, o cilíndro, co fin de xerar coa suficiente potencia movemento lineal do pistón. Nun motor podense atopar varios pistóns dependendo do motor, todos eles transmiten o movemento mediante a biela ao cigüeñal, onde se converte en movemento rotativo que se transmite aos elementos de transmisión de potenciacomo a caixa de velocidades, o eixe diferencial,etc.

 

A súa invención pode asociarse cos italianos Eugenio Brasanti e Felice Matteucci, que detallaran en 1853 documentos de operación sobre a construcción de algunhas patentes pendentes en varios países de Europa. Os primeiros prototipos carecían da fase de compresión, polo tanto, a fase de succión remataba de forma prematura co peche da válvula de admisión antes de que o pistón chegase a metade o que provocaba que a chispa que xeraba a combustión que empurra a carreira do pistón fose débil. A consecuencia era que o funcionamento destes motores era deficiente. Foi a fase da compresión a que lle otorgou unha eficiencia definitiva ao motor de combustión interna , que daría lugar ao reemplazo definitivo dos motores de vapor e impulsaría o desenrolo dos automóbiles xa que a partir de entón os motores que se desenrolaban eran de maior potencia e de menores dimensións moito máis reducidas, algo que todavía sigue avanzando.


Os tipos de motores segundo o seu funcionamento poden clafificarse en dous tipos principalmente:

O motor a 4 tempos de gasolina: Este ciclo é o máis común en case todos os tipos de motores de combustión interna. Estes ciclos son:
1. Admisión ( primeiro tempo): Nesta fase o pistón aspira a mezcla entre o combustible e aire que entra pola válvula de admisión mentres a válvula de escape permanece pechada.
2. Compresión (segunda fase): Ao chegar ao final da carreira inferior, a válvula de admisión péchase compriomindo o gas ata chegar a reducir o seu volume considerablemente.
3.Explosión (Terceira fase): Unha vez que o gas chega á súa máxima compresión, salta unha chispa producida pola buxía (no caso dos motores a gasolina) dando lugar a unha explosión da mezcla 
, ou no caso dos diesel o combustible ixéctase moi pulverizado mediante o inxector  e autoinfláma por mór da alta presión e da temperatura que ten o interior do cilindro. Unha vez prodcida esta explosión a presión aumenta todavía máis debido ao aumento da temperatura producida e os gases expándense e o pistón é empurrado cara abaixo con unha forte potencia.
4.Escape (cuarta fase): Nesta última fase, ábrese a válvula de escape e o pistón polo movemento que leva, sube e expulsa os gases, despois de botalos fóra, o pistón baixa e vólvese reiniciar o ciclo.


O outro tipo de motor é o de 2 tempos, que quizais é máis coñecido dentro do mundo das motos.


Falareivos do funcionamento do motor de dous tempos noutra entrada próximamente ou modificarei esta.
Agora deixovos un vídeo para que poidades ver de forma máis amena cómo funciona o motor de catro tempos por si non tedes ganas de ler... jejeje

domingo, 24 de enero de 2016

ESTE MES FAI 130 ANOS QUE SE INVENTOU O AUTOMÓBIL.

130 ANOS.


Este mes de Xaneiro fai 130 anos que naceu o primeiro automóbil como tal, xa que anteriormente algunhes enxeñeiros xa habían creado os primeiros prototipos de automóbiles. Nesta época datase o rexistro dunha patente dun vehículo a gasolina, de tres rodas, patentado polo enxeñeiro Carl Benz  o  3 de xulio de 1886 (data da aparición pública da patente).


Tratábase de un motor a catro tempos con un único cilindro montado nun chásis horizontal. 
Era un motor de 954 cc que desenrolaba unhas 400 rpm e unhes 0,75 Cv. A súa velocidade máxima eran os 16 Km/h.
A partir de ese momento e grazas a numerosos enxeñeiros ao pasar os anos, íase configurando e dándoselle forma ao automóvil ata chegar aos nosos tempos. Así, o simple fito de sacar o coche e ir a calquera parte rápidamente é moi fácil, pero hai que recordar que para que iso sucedese, tiveron que transocorrer 130 anos...

domingo, 17 de enero de 2016

Os primeiros pasos dos motores.


O VAPOR!

A partir do descubrimento da roda comenzou todo. Nun principio todo o que nos rodea e incluso nós  mesmos solo podiamos ser transportados mediante a nosa propia forza, máis adiante empregouse a roda para poder transportar obxectos mediante carros tirados por animais, pero a roda foi utilizada     (nos comezos) principalmente cunha función hidráulica ao ser movida por un río ou pola forza que a auga exercía ao caer desde unha determinada altura, o que a día de hoxe evolucionou nas turbinas que se empregan nos embalses por exemplo. Esto empregábase para moer trigo fundamentalmente ou incluso para transportar auga (tornillo de arquímides). Aproximadamente no ano 600 d.C foi cando apareceron os primeiros muiños movidos por aire. O gran paso foi a primeira Revolución industrial, a partir da creción da máquina de vapor por James Watt poderíase dicir. Posteriormente, creáronse mecanismos movidos mediante a acción do vapor a presión para poder realizar un traballo determinado, entre os que caben destacar o motor Stirling e a máquina de Newcomes dando lugar aos primeros vehículos movidos por enerxía a finais do século XIX (os barcos, trenes, coches, tractores e incluso motos de vapor). Un dato sobre isto é que os motores eran demasiado pesados (o motor dun tractor chegaba a pesar 20 toneladas) polo que a forza necesaria era enorme e as velocidades non eran moi elevadas.

Máquina de Newcomen


Unhes anos máis adiante, xa no século XIX, os motores a vapor empregaban mecanismos movidos por aspas ou turbinas en lugar de émbolos xa que este tipo de motores son máis compactos, permiten alcanzar temperaturas superiores e unha mellor expansión do vapor, todo esto implica unha maior potencia. Por este motivo, os grandes trasatlánticos eran movidos por este tipo de motores.
Foi entón cando por consecuencia da elevada potencia das máquinas a vapor apareceu o motor Stirling (Stirling era un clérigo escocés que quixo evitar as numerosas explosións producidas polas máquinas de vapor e creou este revolucionario motor), este motor contiña no seu interior gas a baixa presión evitando así as explosións. O motor funciona mediante a compresión e a expansión dun gas grazas á diferenza de temperatura. Este motor é o único en aproximarse ao máxmo rendemento teórico, coñecido como rendemento de carnot. En resumo, os motores Stirling son moito máis eficientes que os motores de vapor. Hoxe en día empezan a ser utilizados en diversas aplicacións en sistemas captadores de enrexías renovables.






Nesta época tamén apareceron os motores de combustión interna dos cales vos falarei na próxima entrada do blog. Espero que esta información séxavos útil.

jueves, 14 de enero de 2016

BENVIDOS AO MUNDO DO AUTOMOVILISMO

Todavía estou comezando a ineractuar con este blog, a medida que pasen unhes cantos días progresivamente irei publicando todo tipo de información que a min me pareza interesante sobre o mundo do motor. Publicarei entradas sobre explicacións dos elementos que abarcan este enorme mundo mecánico, sobre a súa historia  e sobre as últimas novidades que aparezan no mercado ( sobre motos e coches principalmente jejeje)