martes, 2 de febrero de 2016

A CLAVE DO AOUTOMOVILISMO

O motor de combustión interna

Noutra entrada que publiquei fai pouco faleibos un pouco sobre a historia do motor mediante vapor, moi empregado fai un século. Ao mesmo tempo que aparecían os motores a vapor, tamén apareceu o motor de combustión interna cara finais do século XIX. Por se todavía non sabedes o que é o motor de combustión interna explícobos un pouco.Un motor de combustión interna basa o seu funcionamento no queimado dunha mezcla comprimida de aire e combustible dentro dun habitáculo pechada, o cilíndro, co fin de xerar coa suficiente potencia movemento lineal do pistón. Nun motor podense atopar varios pistóns dependendo do motor, todos eles transmiten o movemento mediante a biela ao cigüeñal, onde se converte en movemento rotativo que se transmite aos elementos de transmisión de potenciacomo a caixa de velocidades, o eixe diferencial,etc.

 

A súa invención pode asociarse cos italianos Eugenio Brasanti e Felice Matteucci, que detallaran en 1853 documentos de operación sobre a construcción de algunhas patentes pendentes en varios países de Europa. Os primeiros prototipos carecían da fase de compresión, polo tanto, a fase de succión remataba de forma prematura co peche da válvula de admisión antes de que o pistón chegase a metade o que provocaba que a chispa que xeraba a combustión que empurra a carreira do pistón fose débil. A consecuencia era que o funcionamento destes motores era deficiente. Foi a fase da compresión a que lle otorgou unha eficiencia definitiva ao motor de combustión interna , que daría lugar ao reemplazo definitivo dos motores de vapor e impulsaría o desenrolo dos automóbiles xa que a partir de entón os motores que se desenrolaban eran de maior potencia e de menores dimensións moito máis reducidas, algo que todavía sigue avanzando.


Os tipos de motores segundo o seu funcionamento poden clafificarse en dous tipos principalmente:

O motor a 4 tempos de gasolina: Este ciclo é o máis común en case todos os tipos de motores de combustión interna. Estes ciclos son:
1. Admisión ( primeiro tempo): Nesta fase o pistón aspira a mezcla entre o combustible e aire que entra pola válvula de admisión mentres a válvula de escape permanece pechada.
2. Compresión (segunda fase): Ao chegar ao final da carreira inferior, a válvula de admisión péchase compriomindo o gas ata chegar a reducir o seu volume considerablemente.
3.Explosión (Terceira fase): Unha vez que o gas chega á súa máxima compresión, salta unha chispa producida pola buxía (no caso dos motores a gasolina) dando lugar a unha explosión da mezcla 
, ou no caso dos diesel o combustible ixéctase moi pulverizado mediante o inxector  e autoinfláma por mór da alta presión e da temperatura que ten o interior do cilindro. Unha vez prodcida esta explosión a presión aumenta todavía máis debido ao aumento da temperatura producida e os gases expándense e o pistón é empurrado cara abaixo con unha forte potencia.
4.Escape (cuarta fase): Nesta última fase, ábrese a válvula de escape e o pistón polo movemento que leva, sube e expulsa os gases, despois de botalos fóra, o pistón baixa e vólvese reiniciar o ciclo.


O outro tipo de motor é o de 2 tempos, que quizais é máis coñecido dentro do mundo das motos.


Falareivos do funcionamento do motor de dous tempos noutra entrada próximamente ou modificarei esta.
Agora deixovos un vídeo para que poidades ver de forma máis amena cómo funciona o motor de catro tempos por si non tedes ganas de ler... jejeje

No hay comentarios:

Publicar un comentario