martes, 15 de marzo de 2016

OS ENGRANAXES

Os ósos dos motores:

Un elemento importantísimo en calquera motor ou mecanismo son os engranaxes, sen estos elementos probablemente non existirían moitísimas máquinas que coñecemos a día de hoxe. Son os elementos que transmiten o movemento, a potencia dun elemento a outro nun mecanismo.
Son rodas con dentes tallados ao longo do arco que describen na circunferencia e que engranan dente a dente transmitindo o movemento circular dunha roda a outra (roda motriz e conducida). Os beneficios que ten en comparación co sistema polea correa é que neste caso é imposible que patinen.


Tonillo sinfín.


Os engranaxes poden estar situados en eixes paralelos, como son os de tipo helicoidais, que engranan de tal modo que transmiten maior potencia e son máis silenciosos que os de dentes reectos e máis duradeiros. Ou perpendiculares, como o tornillo sinfin, un mecanismo que non é reversible a menos que a inclinación dos dentes do tornillo sexa elevada, outros son os engranaxes hipoides, que son engranaxes cónicos helicoidais que se adoitan instalar en vehículos de tracción traseira.
Pero o que teñen que ter en común dous engranaxes para que encaixen é o seu módulo e o seu paso.
Continuareivos falando sobre os engranaxes e as pezas das máquinas próximamente.

Déixovos un video sobre a fabricación dos engranaxes para visualizar mellor as cousas.