COCHES!!
Fai polo menos un mes celebrouse en Ginebra o salón do outomóbil de 2016 no que nos amosaron un gran variedade de novos modelos e prototipos de vehículos de todas as grandes marcas do mercado que lanzan este ano entre as que comentaremos.Unha das grandes sorpresas foi o novo Bugatti Chiron da prestixiosa marca italiana. Un novo Bugatti sucesor do Veyron, con un deseño impresionante, con un peso de 1995kg atopamos baixo o capó un motor W16 de 8 litros con catro turbos que producen 1500 cabalos con un par máximo de 1600 Nm constante de 2000 a 6000 rpm capaz de levar ao coche a increíble velocidade de 420 km/h (e polo que din, está limitado). De 0 km/h a 100 km/h en 2,5 s e en 6,5 s ponse a 200 km/h, para poder deter semellante torpedo fan falta unhes frenos carbocerámicos de 8 pistóns adiante e 6 atrás, pois para frenalo a unha velocidade de 300 km/h tan só fan falta 270 m. So se fabricarán 500 unidades, cada unha polo precio de 2,4 millóns de €. Bastante económico para calquera multimillonario. Sen embargo, esta versión si que lle resultará económica á marca xa que co Veyron apenas sacaban beneficios, estímase que recadarán como mínimo 1200 millóns de €. Ademais tamén fabricarán algunhas versións esclusivas e o modelo Gran Turismo, con algunhes cambios que fan que o coche sexa unha máquina para correr!
Outras grandes bestias que se nos presentaron foron o lamborghini centenario, o jaguar F-Type, o porsche 718 con motor boxer, o opel Gt concept (un coche futurista que desgraciadamete non se producirá en serie debido ás súas prestacións mecánicas), ou o tesla modelo S totalmente eléctrico.
Este ano apareceron moitos máis modelos de coches de prácticamente todas as marcas que se nos poidan vir á cabeza. Un auténtico avance que ten lugar constantemente cada ano, con deseños máis agresivos e modernos. Pois ata un ano a ver que novas sorpresas imos levar!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario