SALÓN DO AUTOMÓBIL EN VIGO 2016.
Pois como vedes no cartel, esta semana, en Vigo, como todos os anos, ten lugar o 25 salón do automóbilismo e das motocicletas, o segundo máis antigo en toda España despois do de Barcelona. Ten lugar tres semanas despois do de Xenebra (o cúmio do salón do automóbil), o que lle permite a algunhas marcas suizas estar presentes estos días en Vigo.
Desta vez vai ser algo diferente ás outras xa que queren facer que este ano sexa máis memorable polo tema do 25 aniversario. Este ano hai 31 marcas de automóbiles, ás que se lle suman como novas
Aston Martin e Maserati, que presentarán máis de unha vintena de novos vehículos que lanzarán neste 2016. Non solo se trata de coches, tamén estarán no evento arredor de unhas 100 motocicletas de 17 marcas distintas que presentarán os seus novos modelos.
Tamén haberá unha I Concentración de superdeportivos á que calquera se pode inscribir previamente, ademais da novena edición da concentración de Porsche que estos días percorrerán unhes 200 km polas provincias de Ourense e Pontevedra e a concentración motera que tamén se levará a cabo.
A guinda do pastel este ano é o 1º evento de Supercross e freestyle que se celebrará e no que participarán ó redor de 100 pilotos de diferentes nacionalidades, que competirán entre eles en carreiras e realizarán saltos de estilo libre.
Vai ser unha concentración bastante prometedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario