martes, 24 de mayo de 2016

LOUCURA E INXENIO!!

INVENTOR TOLO  DO SÉCULO XXI.

Ainda que esto non teña moito que ver coa temática do blog, é unha nova bastante divertida e curiosa.
É o caso de Colin Furze, probablemente este home sexa algún enxeñeiro polo feito de crear semellantes artefactos, ou simplemente é un aficionado. O caso é que este home adíca parte do seu tempo a publicar en youtube videos nos que nos amosa as súas impresionantes invencións propias das películas de ficción, unha delas é a "moto voadora" que consiste nun alucinante vehículo coa estrutura semellante á dunha moto que consegue flotar no aire grazas a unhas hélices que o sosteñen gravitando sen tocar o chan. Este proxecto, non moi barato, foi patrocinado por unha iniciativa de ford, polo que calquera de nós poderíamos fabricala se quixésemos e tivésemos cartos pra gastar.






A continuación déixoche un enlace coa dirección da súa canle, non polo feito de que gañe reproducións os seus videos senon porque ten invencións alucinantes!! Aimda que moitas son ridículas e inservibles.

Colinfruze

E en caso de que non entredes no canal, polo menos mirade como destrozan un motor pero polo menos podemos obervar como se móven os pistóns:



viernes, 13 de mayo de 2016

O IRREAL XA É REAL

A FICIÓN CONVÉRTESE EN REALIDADE.

BATERÍAS ETERNAS!
Polo visto, como en moitas outras ocasións, este descubrimento foi por casualidade, unha serendipia, como lle sucedeu a moitos científicos que buscando unha cousa consiguen outra.

Esto sucedeulle a unhes investigadores da Universidade de California en Irvine, os que inventaron unha batería de nanocables e que pode ser recargada máis de 200.000 veces, o que quere dicir que pode soportar case un 3.000%  máis de ciclos que as baterías actuais de litio, que adoitan estropearse despois de 7.000 ciclos de carga xa que co uso expándense e van creando gretas.

Así, deste modo desaparecerían por completo as baterías perecedeiras, o que nos permitiría non substituílas nunca.

O descubrimento produciuse mentres os científicos investigaban como empregar nanocables máis
finos que o noso cabelo, moi fráxiles, xa que non soportan demasiados ciclos de carga, nas baterías o descubrimento de nanocables resistentes é importante porque conducen moi ben a electricidade ó mesmo tempo que contan con una gran superficie orientada ó almacenamento e á transferencia de electróns, polo que formarían una batería delgada e potente que beneficiaría á creación de dispositivos lixeiros e máis finos.






Mya Le Thai, é estudante de doctorado e la líder del estudio, creou así unha batería de nanocables de ouro, con un caparazón de dióxido de manganeso, encerrado a súas vez nun electrolito feito de un xel similar ó plexiglás; que foi capaz de someter a 200.000 recargas durante máis de tres meses sen detectar pérdidas de capacidade ou enerxía e sin crear fracturas nos nanocables.

Os investigadores cren que a substancia viscosa plastifica ó óxido metálico na batería e dálle flexibilidade, evitando o agretamiento. Así, unha vez máis naa historia da ciencia, a serendipia tivo moito que ver nun descubrimento que pode ser moi importante para a electrónica.

Este vídeo explica o descubrimento, o único inconvinte é que o vídeo está en inglés:


domingo, 8 de mayo de 2016

O MEU VIDEO

AS MOTOS

Déixovos un video que elaborei pola miña conta e espero que non vos aburra. Realmente non o puiden publicar completo por motivos de copyright pero bueno... está guay de todos modos.

Dálle aquí: O MEU VIDEO
Ou mesmo se o queredes descargar por completo dádelle aquí: Descargar o vídeo ou tamén aquí: Descargar o vídeo