viernes, 13 de mayo de 2016

O IRREAL XA É REAL

A FICIÓN CONVÉRTESE EN REALIDADE.

BATERÍAS ETERNAS!
Polo visto, como en moitas outras ocasións, este descubrimento foi por casualidade, unha serendipia, como lle sucedeu a moitos científicos que buscando unha cousa consiguen outra.

Esto sucedeulle a unhes investigadores da Universidade de California en Irvine, os que inventaron unha batería de nanocables e que pode ser recargada máis de 200.000 veces, o que quere dicir que pode soportar case un 3.000%  máis de ciclos que as baterías actuais de litio, que adoitan estropearse despois de 7.000 ciclos de carga xa que co uso expándense e van creando gretas.

Así, deste modo desaparecerían por completo as baterías perecedeiras, o que nos permitiría non substituílas nunca.

O descubrimento produciuse mentres os científicos investigaban como empregar nanocables máis
finos que o noso cabelo, moi fráxiles, xa que non soportan demasiados ciclos de carga, nas baterías o descubrimento de nanocables resistentes é importante porque conducen moi ben a electricidade ó mesmo tempo que contan con una gran superficie orientada ó almacenamento e á transferencia de electróns, polo que formarían una batería delgada e potente que beneficiaría á creación de dispositivos lixeiros e máis finos.






Mya Le Thai, é estudante de doctorado e la líder del estudio, creou así unha batería de nanocables de ouro, con un caparazón de dióxido de manganeso, encerrado a súas vez nun electrolito feito de un xel similar ó plexiglás; que foi capaz de someter a 200.000 recargas durante máis de tres meses sen detectar pérdidas de capacidade ou enerxía e sin crear fracturas nos nanocables.

Os investigadores cren que a substancia viscosa plastifica ó óxido metálico na batería e dálle flexibilidade, evitando o agretamiento. Así, unha vez máis naa historia da ciencia, a serendipia tivo moito que ver nun descubrimento que pode ser moi importante para a electrónica.

Este vídeo explica o descubrimento, o único inconvinte é que o vídeo está en inglés:


No hay comentarios:

Publicar un comentario